Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 29 de Julio de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

O Consorcio do Louro nomea aos novos representantes municipais

Nesta segunda etapa, o Consorcio ten previsto, entre outros obxectivos, continuar coa la execución de inversións de renovación, mellora ou ampliación das súas instalacións, regularizar a prestación dos servizos a outros concellos limítrofes

[Img #19671]

O Consorcio de Augas do Louro ratificou, na sesión do Comité Directivo celebrada o 29 de xullo, o nomeamento dos representantes dos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, logo de que tomaran posesión os novos alcaldes.

 

Tras os resultados das eleccións do pasado mes de maio, a nova alcaldesa socialista de O Porriño, Eva García de la Torre, exercerá a presidencia do Consorcio en substitución do popular Nelson Santos. No concello de Tui, o alcalde socialista Enrique Cabaleiro, ocupará a vicepresidencia do Consorcio no lugar do popular Moisés Rodríguez.

 

Eva García de la Torre, exercerá a presidencia do Consorcio en substitución do popular Nelson Santos

 

Pola súa banda, tanto o concello de Mos como o de Salceda de Caselas manteñen os mesmos representantes que na lexislatura pasada, logo de que a popular Nidia Arévalo e o independente Marcos Besada, repitan na alcaldía.

 

O Director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, mantén o seu cargo de vocal en representación da Xunta de Galicia.

 

Nesta segunda etapa, o Consorcio ten previsto, entre outros obxectivos, continuar coa la execución de inversións de renovación, mellora ou ampliación das súas instalacións, regularizar a prestación dos servizos a outros concellos limítrofes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.