Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 04 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os socialistas piden o peche do Parque da Auga polas “deficiencias” que presenta

Arévalo compartiu unha actividade nestas instalacións cos nenos do campamento Mañás de Verán e desmentiu as que calificou de “difamacións do PSOE mosense”

[Img #19675]Os socialistas, por boca da concelleira Patricia Pérez, denuncian o estado “ruinoso” de “moitos dos elementos de recente instalación , así como a perigosidade das instalacións en xeral”.

 

“A lagoa artificial converteuse nunha charca que acumula lixo inorgánico e plásticos, a valla perimetral da mesma que impide o acceso de cativos a mesma ten barrotes rotos, e por outro lado tan so esta balizado cunha cinta branca e roxa, que tan so alerta ós adultos e non ós rapaces”.

 

Pérez asegura que “os elementos biosaludables para persoas maiores están deteriorados, e os dos rapaces, coma a rampa de subir agarrado a unha corda, fáltalle a cobertura exterior e xa deixou ó descuberto os cables interiores que están enroscados pola suxeción podendo causar enganches fortuítos cortes e caídas o non ser facilmente visibles para os cativos”.

 

A concelleira socialista asegura que “xa non é pola lamentable imaxe que damos de cara os veciños e os visitantes, se non a perigosidade do mesmo, hai que precintalo e acometer canto antes os arranxos” di engadindo que “foron 40.000 euros cunha financiación do 70% por parte da Consellería de Presidencia, e o 30% restante polo propio concello de Mos, onde se pretendía ensinar e concienciar ós rapaces sobre o ciclo da auga e a súa reutilización e reciclaxe, pero que hoxe non son mais que unha mostra do que en menos de dous meses se pode estragar neste concello por este goberno do PP”.

 

Un reclamo “incluso para outros Concellos”

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coas concelleiras de Política Social e Cultura, Sara Cebreiro, e de Participación Cidadá e Educación, Kely Monzón, acompañaron esta onte ós nenos e nenas participantes nunha actividade programada no Parque da Auga de Sanguiñeda, incluída na terceira quenda do campamento infantil estival Mañás de Verán.

 

[Img #19676]Aproveitando a visita, a rexedora local mosense desmentiu as acusacións do grupo municipal socialista sobre esta área de lecer, que se convertiu dende a súa posta en funcionamento nun dos espazos de ocio de maior éxito do municipio, recibindo usuarios incluso chegados dende outras localidades e mencións eloxiosas en diversas plataformas dixitais e páxinas web especializadas. “O mes pasado uns 100 cativos de Vigo pasaron polo noso Parque da Auga, concretamente en iniciativas das asociacións veciñais de Lavadores e Cabral, que previamente cursaron solicitude formal ó departamento de Medio Ambiente para poder usalo; polo que o seu estado non debe ser tan lamentable cando chegan peticións de grupos doutros Concellos que queren achegarse ata Mos para disfrutar destas instalacións”, declarou Arévalo, quen insistiu en que “o Parque da Auga de Sanguiñeda é completamente seguro e o seu mantemento recibe un seguemento diario tanto por parte de operarios municipais coma dos propios edís de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, Julia Loureiro e Cándido Pérez, respectivamente”.

 

Neste sentido a alcaldesa instou ó PSOE a que “deixe de difamar, porque a mentira non pode ser empregada como medio para sair nos medios de comunicación”, lamentou Nidia Arévalo.

 

O campamento Mañás de Verán lévase a cabo no CEIP Mestre Valverde Maio de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. O Concello de Mos subvenciona unha parte do custe por cada neno, resultando o prezo final por cada participante e quenda de 40 euros.

 

Respecto desta iniciativa Monzón declaraba hoxe que “un ano máis, a concellería de Educación do Concello de Mos puxo en marcha os campamentos matinais para os nenos e nenas do concello en idade escolar. Esta experiencia fai que os nenos e nenas se divirtan, aprendan a relacionarse, compartan actividades e sobre todo vivirán novas e enriquecedoras experiencias. Como en anos anteriores, brindamos actividades únicas para a educación cognitiva, social e afectiva dos participantes, cunha organización responsable, coherente e profesional, garantindo a harmonía, a convivencia, a alegría e o benestar de todos/as. Con esta iniciativa, ofrecemos de novo unha ferramenta de conciliación entre a vida laboral e familiar para os habitantes do noso concello, de xeito que nesta época estival os rapaces e rapazas poidan gozar dun ocio saudable e de calidade dirixido a través de prácticas educativas”.

 

Detalles sobre o parque

 

O pasado 15 de maio comezou a funcionar o Parque da Auga de Sanguiñeda, que permanecerá activo en horario de mañá e tarde, de 11.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas, ata o vindeiro mes de setembro, ou incluso máis avanzado o outono se o bo tempo o permite.

 

O sistema de funcionamento dos elementos desta área de lecer acuática baséase en tres programas que se suceden cíclicamente, funcionando un deses tres programas cada 20 minutos e intercalando un descanso de 10 minutos con periodicidade horaria, tras o cal se volve a reactivar automáticamente o ciclo de tres programas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.