GALICIA
O paro descende en Galicia en xullo en 12.691 persoas
A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, apuntou que tamén se rexistrou o maior descenso interanual en termos absolutos dun mes de xullo de toda a serie histórica
O paro descendeu en Galicia no mes de xullo en 12.691 persoas con respecto ao mes anterior, o que en termos porcentuais se traduce nun 5,54 por cento, unha porcentaxe que triplica á media estatal e que supón a maior baixada relativa do Estado en termos mensuais. Deste xeito, o número de inscritos nas oficinas de emprego sitúase actualmente nas 216.371 persoas.
A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, explicou hoxe que este é o sexto descenso mensual consecutivo no que vai de 2015, “e o maior de todos eles en termos absolutos e relativos”.
A responsable autonómica tamén puxo en valor a evolución interanual, cunha diminución do 9,95% (-23.908 persoas). Así, resaltou que se rexistrou a maior baixada interanual en termos absolutos dun mes de xullo de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996) e a segunda se se toman como referencia os datos relativos. É, ademais, o segundo ano consecutivo no que se consegue reducir o paro en xullo en termos interanuais.
Ademais, con este descenso, xa se acumulan vinte e unha baixadas interanuais consecutivas desde novembro de 2013. Grazas a este comportamento, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que existían en 2011, isto é, o desemprego volve a niveis de hai catro anos.
En España, o desemprego baixou en 74.028 persoas, un 1,8 por cento, ata situarse nos 4.046.276 parados. En termos interanuais, o paro en España diminuíu nun 8,45%.
O desemprego descende en todos os sectores económicos. A principal diminución rexístrase no sector servizos (-8.694) en termos absolutos, aínda que en termos relativos a maior baixada é a do sector primario (-7,94%). En termos absolutos, a continuación dos servizos, sitúase a industria (-1.601), a construción (-1.528), a agricultura e a pesca (-640), e o colectivo sen emprego anterior (-228).
Por provincias, o desemprego baixou en todas elas, especialmente en Pontevedra (-4.945), seguida pola Coruña (-4.637), Lugo (-1.658), e Ourense (-1.451).
Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 98.931 contratos, 13.660 máis que no mes anterior. Deste total, 6.035 foron indefinidos (6,10%), e 92.896 temporais (93,90%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 8%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121