Mos
O PSdeG-PSOE de Mos pide a retirada da medalla ao Mérito a Pili Carrera
Despois de que o pasado 28 de xaneiro se coñecese, a través dos medios, do peche da empresa mosense, Pili Carrera, que carrexaba o despido da plantilla da nave situada na parroquia de Torroso. Sobre 60 traballadoras e traballadores, sendo unha maioría residentes do Concello de Mos.
“As e os traballadores aseguran que chegaron a un acordo ca empresaria de so cobrar o mes de xaneiro antes de pasar a formar parte da lista de parados nun futuro próximo. En data 8 de febreiro comunican que non cobraron, descoñecen quen será o administrador concursal que se fará cargo e que ata a data aínda non se lle facilitaron, dende a empresa, a documentación necesaria para continuar a súa carreira profesional. Así mesmo, manifestan sentir preocupación por un posible valeirado da nave estando isto prohibido porque a antiga propietaria xa non pode entrar nas instalacións nin levar ou vender o material que aínda se atopa dentro” explicanos socialistas.
“Nun concello, relativamente pequeno como é o noso, o peche dunha industria tan asentada e cunha plantilla de veciñas e veciños da nosa localidade, provoca que co seu peche se vexan truncadas a vida de moitas familias. A isto hai que sumarlle a actual crise sanitaria e posterior crise económica que se desencadeou, que tamén vai repercutir negativamente nos fogares mosenses” sinalan no texto da moción que presentarán no vindeiro Pleno municipal.
A Voceira do do PSdeG PSOE, Victoria Alonso Méndez, pide “que a alcaldesa manteña unha reunión cos sindicatos así coma co comité de empresa e co administrador concursal para establecer a liña de posible apoio da administración local. Así como intentar mediar para que lle sexan facilitada a documentación necesaria para continuar coa súa vida laboral”.
Ademáis pide a “retirada da medalla o mérito empresarial concedida a Pili Carrera por ser unha medida de apoio simbólico cas e cos traballadores, e xa que a día de hoxe este recoñecemento non ten razón de ser”.
O texto da moción tamén inclúe a petición ao Concello para que ditos traballadores manteñan reunións persoais ca orientadora laboral do concello para coñecer as súas situacións particulares e así poder mostrarlle as mellores opcións para cada un.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149