Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 15 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Xóvenes protagonizan un novo botellón no parque biosaudable de Torroso

Os veciños amosanse “fartos dos ruidos ata altas horas da madrugada” e esixen á Directiva que “tome as medidas necesarias para evitalo”.

Un espazo escondido no medio dun monte, con bancos, pouca luz e ubicado nun lugar afastado foi de novo o escenario elexido por mozos para celebrar un sonoro botellón nos terreos do novo parque biosaudable da Comunidade de Montes de Torroso.

Imaxe de arquivo da zona na que se produxo o altercado / Xornal21

 

Os veciños quiéxanse de ruidos ata altas horas da madrugada protagonizados por xóvenes, “algúns incluso podrían ser menores” segundo informan. Ao parecer, segundo a versión dalgúns veciños “un grupo duns 10 mozos estiveron onte ata as cinco da mañá consumindo alcohol e fumando sustancias” nos terreos privados da Comunidade de Montes de Torroso, entidade dirixida polo popular empresario Camilo Grandal.

 

Ademáis de facer ruido cos instrumentos instalados no propio parque sumáronse a festa con amplificadores e incluso un megáfono con que incrementaron os decibelios para descontento dos afectados.

 

Hoxe, a primeira hora da tarde,  a zona na que se celebrou este “botellón” estaba totalmente limpa de botellas, latas e restos de lixo.  A finais de xuño xa se producirá outro incidente similar na zona, feito polo cal os veciños xa advertiron que se podía repetir.

 

O feito de que se trate dun terreo privado fai moi dificil a intervención das autoridades e o problema pasa  ser unha responsabilidade dos xestores da parcela, polo que algún veciño xa advertiu das responsabilidades legais nas que poden incorrer a Directiva se non toman medidas contundentes.

 

 

Terceira fase polémica

A terceira fase da obra, na que a Comunidade de Montes investíu una gran suma de diñeiro procedentes  de embargos a montes comunais, está a xerar polémica entre os comuneiros que se declaran encantados co proxecto e outros que están molestos coa xestión chegando incluso a calificala de “despilfarro” ou “capricho”.

 

Na inauguración, celebrada o pasado día 5 de agosto, o Presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, tiña palabras de “agradecemento” para os veciños asegurando o respaldo de “toda” a parroquia “non ten lóxica toda esta obra se non temos detrás a todos os veciños da parroquia” foron as súas palabras textuais pronunciadas no acto.

 

Pois ben, un dos veciños afectados explica que “os técnicos contratados por Camilo, chegaron, proxectaron o que lles deu a gana, cobraron e agora están tranquilamente na súa casa. Fixeron una obra na que non se valorou o impacto acústico que ten nin as afeccións para os veciños”.

 

Ademáis engade que “nin Camilo nin a Xunta Directiva, se puxeron en contacto cos veciños afectados pola obra  para que desemos o noso parecer, non se consultou absolutamente nada con nadie todo se fixo pola calada, polo que é falso que todos apoien todo o que se fixo aquí”.

 

“Hay días nos que non se pode durmir por mor do ruido” a isto súmaselle, segundo asegura outro veciño, que “é un espazo privado pero de usanza pública no que non está regulada a entrada nin o uso que se fai do parque, calquera pode entrar de día ou de noite en empezar a facer ruido cos xilófonos, tubos e sambas, sen que exista o máis mínimo respeto ás horas de descanso dos veciños”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.