Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 09 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

O PSdeG-PSOE de Mos pide a retirada da medalla ao Mérito a Pili Carrera

Despois de que o pasado 28 de xaneiro se coñecese,  a través dos medios, do peche da empresa mosense, Pili Carrera, que carrexaba o despido da plantilla da nave situada na parroquia de Torroso. Sobre 60 traballadoras e traballadores, sendo unha maioría residentes do Concello de Mos.

 

“As e os traballadores aseguran que chegaron a un acordo ca empresaria de so cobrar o mes de xaneiro antes de pasar a formar parte da lista de parados nun  futuro próximo. En data 8 de febreiro comunican que non cobraron, descoñecen quen será o administrador concursal que se fará cargo e que ata a data aínda non se lle facilitaron, dende a empresa, a documentación necesaria para continuar a súa carreira profesional. Así mesmo, manifestan sentir preocupación por un posible valeirado da nave estando isto prohibido porque a antiga propietaria xa non pode entrar nas instalacións nin levar ou vender o material que aínda se atopa dentro” explicanos socialistas.

 

“Nun concello, relativamente pequeno como é o noso, o peche dunha industria tan asentada e cunha plantilla de veciñas e veciños da nosa localidade, provoca que co seu peche se vexan truncadas a vida de moitas familias. A isto hai que sumarlle a actual crise sanitaria e posterior crise económica que se desencadeou, que tamén vai repercutir negativamente nos fogares mosenses” sinalan no texto da moción que presentarán no vindeiro Pleno municipal.

 

A Voceira do do PSdeG PSOE, Victoria Alonso Méndez, pide “que a alcaldesa manteña unha reunión cos sindicatos así coma co comité de empresa e co administrador concursal para establecer a liña de posible  apoio da administración local. Así como intentar mediar para que lle sexan facilitada a documentación necesaria para continuar coa súa vida laboral”.

 

Ademáis pide a “retirada da medalla o mérito empresarial concedida a Pili Carrera por ser unha medida de apoio simbólico cas e cos traballadores, e xa que a día de hoxe este recoñecemento non ten razón de ser”.

 

O texto da moción tamén inclúe a petición ao Concello para que ditos traballadores manteñan reunións persoais ca orientadora laboral do concello para coñecer as súas situacións particulares e así poder mostrarlle as mellores opcións para cada un.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.