Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Os comuneiros de Torroso deixan a Grandal “plantado”

Baixa participación, só un de cada cinco acuden a votar, apenas un 20% dos 287 comuneiros

[Img #40723]

 

Só un de cada cinco comuneiros asistiron as dúas asambleas celebradas o pasado día 8 e nas que non oubo  sorpresas, o empresario mosense Camilo Grandal Pérez presidirá a  Comunidade de Montes  Veciñais en  Man Común de San  Mamede de  Torroso durante os vindeiros  catro anos.  Así se  decidiu  na Asemblea  Xeral Extraordinaria celebrada nas instalación do auditorio de  Torroso.

 

A asamblea contou coa presenza dun escaso medio cento de comuneiros en segunda convocatoria, dun total de 287 que se atopan dados de alta na actualidade. Esta cifra é moi inferior ós 108 comuneiros que, segundo quedaba reflexado na acta “oficial” certificada polo secretario Adelio Lago, asistían á convocatoria do ano pasado.

 

Dous abandonos na directiva

 

No transcurso da reunión deuse a coñecer o feito de que Saturnino, actual Tesoureiro, abandonaba o seu cargo así coma Jaime (Vocal), que tampouco quixo seguir formando parte do equipo directivo de Camilo Grandal despois de nove anos como integrante da xunta directiva, sen que trascendesen os motivos das baixas nestes dous cargos. Con respecto ao ex tesoureiro Grandal tivo palabras de agradecemento porque  con “todo o diñeiro que se moveu aquí” nunca “houbo una discursión por unha peseta” dixo.

 

A votación de nova directiva produciuse tras algún reproche de comuneiros sobre a folla de  convocatoria que foi realizada a través dun documento que “non estaba asinado” polo Presidente e Secretario, respectivamente, e a confusión xerada nas datas para presentar outra candidatura, finalmente non houbo constancia de que se presentase ningunha candidatura na oposición e procedeuse á reelección.

 

Así Camilo Grandal repite coma  Presidente do mesmo xeito que o actual Secretario,  Adelio Lago, que  estará no cargo outros catro anos. Ademais sobre a marcha fóronse improvisando os integrantes da nova directiva que finalmente formarán Juan Carpinteiro (Vicepresidente), Jorge Antonio (Tesoureiro) e cinco vogais: María Romeu,  Eugenio Carreira, José Campo, Carmen Giráldez e José Rodríguez.

 

Camilo Grandal inaugurou a lexislatura recoñecendo que hai “erros,  cabreos e de todo” pero que está a tentar facer todo “coa mellor intención posible”,  inda que  recoñeceu “é complicado” recalcando que lle importa “todo o tinglado que hai montado  tanto co Conservatorio, Escola de Música  e as actividades”. Deu as grazas aos asistentes e especialmente a “Tito o arquitecto” que  estivo presente “por se houbese algunha incidencia sobre a construcción da senda" que se iniciou  a poucos días das eleccións e que conta cun presuposto de 255.000 euros (uns 42 millóns das antigas pesestas).

 

Asamblea Xeral

 

Previamente a esta Asamblea Xeral Extraordinara o equipo directivo sainte deixaba aprobados os orzamentos para este ano 2018 no que haberá 78.389,82 euros de ingresos e 441.328,72 euros no capítulo de gastos polo que o resultado do exercicio actual prevese finalice cun saldo negatido en -362.938,90 euros.

 

 

 

Polémica aprobación da acta

 

[Img #40724]“Queda aprobada! se hai algunha obxección… e se non lle damos para adiante”, deste xeito aprobaronse a maioría dos puntos do día, un xeito peculiar que non da moitas opcións aos comuneiros para exercer dun xeito participativo o seu dereito a votar a favor, en contra ou a absterse.

 

As formas chegaron a perderse ao tentar, sen éxito, tanto o Presidente Camilo Grandal coma o Tesoureiro Saturnino (que despois deixaba o seu cargo), evitar exercer o lexítimo dereito ao voto dun comuneiro, que finalmente votou abstención no punto de “Lectura e aprobación da acta anterior”.

 

A acta anterior foi aprobada por un número indeterminado de votos a favor (que non se deu a coñecer no momento da votación) e unha abstención. O motivo do nerviosismo de presidente e tesoureiro podría deberse ao escaso número de butacas ocupadas por comuneiros que estarían presentes rozando a proporción mínima que esixe a Lei.

 

Como anécdota, tras aprobar o acta anterior no que se daba conta de temas tan importantes como a ampliación de instalacións valoradas en 825.000 euros (case 140 millóns das antigas pesetas), un dos comuneiros presentes preguntábase “onde se fixera tal ampliación” amosando, deste xeito, o seu descoñecemento total do investimento que el mesmo aprobara co seu voto. Outro comuneiro preguntábase cal era a obra de ampliación da “Casa do Monte” amosando tamén o seu descoñecemento das importantes obras executadas, inda que este igualmente mostrou o seu voto favorable.

 

Tamén houbo outras voces que pediron “máis contacto coa xente” da directiva para evitar erros, queixándose, por exemplo, do “pouco espazo” que ten a nova cociña contratada a una empresa de Salceda de Caselas cun custe de 15.139 euros hai menos dun ano na zona ampliada, un lugar no que “non nos podemos mover” explicaba unha comuneira molesta pola situación.

 

Entre algúns dos comuneiros ausentes cuestiónase o procedemento para solicitar orzamentos e conceder obras pedindo “maior transparencia nos procesos de contratación” á directiva. Tamén cuestionan “a celeridade na entrega de información”, pois existen comuneiros que aseguran levar “mais dun ano esperando por unha copia dos Estatutos”.

 

Ao mesmo tempo hai voces que solicitan “maior información”, deixando claro que “a gran cantidade, a complexidade de temas a tratar non poden resolverse nunha soa reunión anual de pouco máis dunha hora”.

 

Doutra  banda, ó inicio da xuntanza os comuneiros recibiron da directiva de Montes unha fotocopia dunha páxina na que se desglosan todos os resultados do exercicio 2017 e os orzamentos previstos para o ano 2018.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.