Galicia
O temporal deixa máis de 1500 incidencias rexistradas polo 112 Galicia
Entre as 00 horas do día 16 e as 23:59 horas do día 18, o 112 Galicia rexistrou en total 1543 incidencias. É o balance dunhas xornadas marcadas polos efectos do vento, que provocaron múltiples caídas de árbores durante os primeiros momentos do temporal, a chuvia e a neve, que se deixou sentir, sobre todo, nas provincias de Lugo e Ourense e que ocasionou diversas incidencias nas estradas galegas.
En canto ás tipoloxías máis repetidas, destacan as relacionadas coa caída de árbores e polas nas estradas (633), de postes ou cables (166), coa neve (156) cos anegamentos (101), desprendemento de terra e pedras (51) ou cos derrubamentos (36).
A provincia da Coruña foi a máis castigada, con 640 casos totais, seguida da de Pontevedra (392), Lugo (369) e Ourense (138).
Entre as incidencias máis destacadas compiladas polo 112 Galicia atópase o descarrilamento dun tren en Silleda durante a tarde de onte, por mor dun desprendemento de terra e pedras e sen causar danos persoais. Outro incidente ferroviario tivo lugar en Láncara, cando un tren alcanzou unha árbore, tamén se feridos. Destacan tamén as seis saídas de vía que se produciron na AP-9, á altura de Ordes, debido a unha forte sarabiada; o afundimento dun tramo da estrada EP-0017 en Campañó (Pontevedra); as diversas inundacións e rescates de persoas que quedaron atrapadas nas súas vivendas polo desbordamento de ríos na zona central de Lugo e, en especial, en Begonte, ou as complicacións pola neve vividas en vías secundarias e algunhas principais como a A-52, a N-6, a N-640 ou a N-540.
O Plan Inungal continúa activo
Cómpre recordar á poboación que continúa activo o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións. Poden consultar aquí os cursos que se atopan por enriba do seu nivel de desbordamento.
Para evitar situaciones de riesgo consulte los consejos de SEGURIDAD | PROTECCIÓN CIVIL
-
Aprenda las medidas de protección frente vientos fuertes o huracanes
-
Inundaciones. Cómo mantenerse a salvo
-
Tormentas de invierno y frío extremo | Consejos de seguridad

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169